Unións Agrarias alerta da "emerxencia" no agro ourensán polas xeadas, a seca e as sarabiadas e lamenta a "pasividade" da Xunta. Recólleo Campo Galego (Imaxe das Adegas Leive, en Cenlle)
Fálase
Rajoy rifa aos grupos da esquerda por forzar a súa comparecencia no Congreso e evita referirse á trama Gürtel. O PSOE lamenta que España teña "un presidente baixo sospeita" e Unidos Podemos situouno como "maior responsable político da corrupción" Crónica do debate en eldiario.es
Membros do BNG acceden ao Pazo de Meirás e ocúpano simbolicamente para reivindicar a súa devolución baixo o lema "o pazo é do pobo". Consulta aquí toda a información sobre a mobilización
Mariano Rajoy comparece este mércores dende as 9:00 no Congreso sobre o financiamento irregular do PP a instancias da oposición e ao fío da súa declaración como testemuña no xuízo do caso Gürtel. O formato da comparecencia foi decidido en solitario pola presidenta da Cámara Baixa, Ana Pastor. A comparecencia, aquí en directo
Resolver os fallos de LexNet, o sistema informático de Xustiza, custará 60 millóns de euros. Explícao Genbeta
O xornal británico The Guardian lanza unha organización sen ánimo de lucro para financiar proxectos informativos. O portal Dircomconfidencial recolle a creación desta entidade, que xa ten en marcha unha web na que explica as súas principais liñas de actuación. Procurará doazóns do público do xornal e tamén de empresas e organizacións. Proxectos semellantes a este modelo están en marcha en diversos medios; o xornal Praza.gal está editado pola Fundación Praza Pública
As intensas treboadas deste luns deixaron en Galicia case 4.000 raios e multitude de incidentes en forma de asolagamentos por mor de intensas chuvias caídas en moi pouco tempo. Este foi o caso de municipios como Santiago, onde o polígono do Tambre foi a área máis afectada.
O ex-alcalde de Coristanco, de Terra Galega, anuncia a impugnación do pleno no que os edís do PP fixeron alcalde o edil expulsado do PSdeG por tránsfuga
Milleiros de persoas en desemprego de longa duración, pendendentes da renovación da axuda estatal de 426 euros. A vixencia do subsidio rematou o 15 de agosto.
En Marea acusa o PP de continuar vendendo “a cachos e prezo de saldo” o país coa proposta de fomento de iniciativas empresariais. O deputado Antón Sánchez di que que o texto presentado polo PP "busca acabar coas garantías ambientais e a participación pública da cidadanía para beneficiar a unhas poucas empresas".