Resolver os fallos de LexNet, o sistema informático de Xustiza, custará 60 millóns de euros. Explícao Genbeta
Fálase
O xornal británico The Guardian lanza unha organización sen ánimo de lucro para financiar proxectos informativos. O portal Dircomconfidencial recolle a creación desta entidade, que xa ten en marcha unha web na que explica as súas principais liñas de actuación. Procurará doazóns do público do xornal e tamén de empresas e organizacións. Proxectos semellantes a este modelo están en marcha en diversos medios; o xornal Praza.gal está editado pola Fundación Praza Pública
As intensas treboadas deste luns deixaron en Galicia case 4.000 raios e multitude de incidentes en forma de asolagamentos por mor de intensas chuvias caídas en moi pouco tempo. Este foi o caso de municipios como Santiago, onde o polígono do Tambre foi a área máis afectada.
O ex-alcalde de Coristanco, de Terra Galega, anuncia a impugnación do pleno no que os edís do PP fixeron alcalde o edil expulsado do PSdeG por tránsfuga
Milleiros de persoas en desemprego de longa duración, pendendentes da renovación da axuda estatal de 426 euros. A vixencia do subsidio rematou o 15 de agosto.
En Marea acusa o PP de continuar vendendo “a cachos e prezo de saldo” o país coa proposta de fomento de iniciativas empresariais. O deputado Antón Sánchez di que que o texto presentado polo PP "busca acabar coas garantías ambientais e a participación pública da cidadanía para beneficiar a unhas poucas empresas".
O bloque soberanista do Parlament catalán prevé aprobar a norma para 'desconectar' da lexislación do Estado antes do 1-O. Recólleo Catalunya Plural
Junts pel Sí e a CUP presentan este luns a súa proposta de "lei de transitoriedade", que se aplicaría no caso dunha eventual vitoria do "si" á independencia no referendo do 1 de outubro. Adiántao o diario Ara
Os galegos Cristian Toro e Rodrigo Germade, subcampións no mundial de piragüismo na modalidade K4 500
A Xunta anuncia o inicio da nova ampliación do 'bosque' do Gaiás, financiado con cartos do orzamento para repoboacións forestais