Os Mossos detallan a recepción en maio dun aviso "pouco fiable" sobre posibles atentados en Barcelona que compartiron co Estado e que, din, non chegou da CIA nin está ligada ao acontecido o 17 de agosto na Rambla. A Policía catalá e o Goberno da Generalitat responden así á información publicada por El Periódico, que inclúe a recreación dunha "carta da espionaxe estadounidense" a respecto de eventuais ataques.
