Standard & Poor's rebaixa o rating de 11 entidades financeiras españolas,á vez que pon en revisión con perspectiva negativa a outras cinco. BBVA, Santander, Banesto, Sabadell, Ibercaja, Bankinter, Banca Cívica, Barclays, Kutxabank, Santander Consumer e a Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA) son as rebaixadas.
Fálase
España entra oficialmente en recesión. A economía española rexistrou unha caída do 0,3% do PIB no primeiro trimestre, unha décima menos do agardado polo Banco de España, que calculaba un retroceso do 0,4%.
O Consorcio de Benestar anuncia a formalización de cinco contratos para a xestión privada doutras tantas escolas infantís. Tres deles son para a Fundación de Estudios y Análisis, que a CIG ten vinculado ao Opus Dei.
De Guindos en Santiago. Esta mañá o ministro de Economía participa nun acto sobre sanidade con Feijóo na Cidade da Cultura. A mediodía ofrece unha rolda de prensa conxunta co titular de Finanzas do Goberno alemán, Wolfgang Schäuble.
A web creada pola Generalitat de Catalunya para canalizar delacións sobre presunta violencia na rúa esperta dúbidas sobre a súa legalidade. En La Información.
Indíxenas da Amazonía coordínanse por skype para loitar xuntos contra a contrución de novos encoros e outras ameazas para as súas sociedades
O Porto gaña o título de Liga a dúas xornadas do final, grazas ao empate do Benfica en Vila do Conde
Portugal homenaxea Miguel Portas, "o homem que esteve sempre com os de baixo”
A denegación da atención sanitaria aos inmigrantes sen papeis equipara o modelo español, que era cualificado de "exemplar" ao de Eslovenia, Chipre ou Polonia. A maioría dos países da UE si prestan servizos de saúde ás persoas non regularizadas.
O Tribunal de Contas investiga as doazóns anónimas ao PP en Galicia. Dende xullo de 2007 as achegas aos partidos deben ser nominais e nese ano o PPdeG recibiu 231.400 euros anónimos. Cóntao El País