CC OO calcula que a metade dos pensionistas galegos percibe menos de 500 euros cada mes e alerta de cifras "insoportables" de exclusión dos xubilados en Galicia
Fálase
O Consello Xeral do Poder Xudicial abrirá dilixencias disciplinarias contra o xuíz Vázquez Taín polas súas declaracións sobre o caso Asunta, segundo adianta a Cadena SER.
O analista Carlos Neira debulla nun amplo artigo os últimos inquéritos sobre intención de voto. Titúlao Un ano perdido para a alternativa política en Galicia
Tres grapos galegos e un membro do EGPGC poderían saír da cadea tras a sentenza da doutrina Parot. Dous policías condenados polo crime de Nigrán tamén poderían saír do cárcere.
4gotas resume o máis destacado do adverso meteorolóxico que está a afectar a Galicia. Santa Comba, Santiago e A Coruña están a ser as localidades con maiores precipitacións.
A chuvia está a causar problemas en diversos puntos do país. A situación é especialmente complexa na Coruña, onde Meteogalicia está a rexistrar ata 40 litros por metro cadrado.
Esta tarde celébrase en Lisboa unha manifestación de persoas partidarias das medidas de recorte baixo o lema Obrigado, troika. Cóntao o diario portugués Público.
Hoxe comeza en Compostela Amal, a semana de cine euroárabe que substitúe o antigo Festival Amal. A organización do certame cinematográfico tivo que reformulalo pola retirada dos apoios por parte do Concello da capital.
Vigo acollerá este venres unha nova LaconNetwork. Será no Club Financiero da cidade e reunirá ducias de emprendedores do sector das TIC.
Presentan unha aplicación móbil, realizada por unha estudante galega, que axuda a tomar os medicamentos á súa hora