Esta tarde celébrase en Lisboa unha manifestación de persoas partidarias das medidas de recorte baixo o lema Obrigado, troika. Cóntao o diario portugués Público.
Fálase
Hoxe comeza en Compostela Amal, a semana de cine euroárabe que substitúe o antigo Festival Amal. A organización do certame cinematográfico tivo que reformulalo pola retirada dos apoios por parte do Concello da capital.
Vigo acollerá este venres unha nova LaconNetwork. Será no Club Financiero da cidade e reunirá ducias de emprendedores do sector das TIC.
Presentan unha aplicación móbil, realizada por unha estudante galega, que axuda a tomar os medicamentos á súa hora
A Asemblea de Estudantes de Vigo (AEV) convoca unha cadea humana contra a LOMCE este martes na cidade olívica. Será ás 12.30 e unirá o Alcampo de Coia e Praza América.
O deputado de IU no Congreso Alberto Garzón presentará dez denuncias por ameazas de morte contra el e a súa familia. Recólleo El Diario.
A CEOE propón xubilarse aos 70 anos e menos prestacións por desemprego. Cre que se deberían acreditar 40 anos traballados para poder cobrar o 100% da pensión.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo derroga, como se esperaba, a Doutrina Parot. Os ministros de Interior e Xustiza valorarán o fallo á unha do mediodía, á mesma hora que o Goberno vasco.
Os grupos políticos seguen hoxe a ofrecer as súas reaccións aos Orzamentos 2014 da Xunta. Hoxe, en Praza, tamén continuaremos a debullalos.
Novo ataque fascista a un medio de comunicación. Periodismo Humano denuncia un ataque á súa web como o que xa sufrira Infolibre na pasada semana.