O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo derroga, como se esperaba, a Doutrina Parot. Os ministros de Interior e Xustiza valorarán o fallo á unha do mediodía, á mesma hora que o Goberno vasco.
Fálase
Os grupos políticos seguen hoxe a ofrecer as súas reaccións aos Orzamentos 2014 da Xunta. Hoxe, en Praza, tamén continuaremos a debullalos.
Novo ataque fascista a un medio de comunicación. Periodismo Humano denuncia un ataque á súa web como o que xa sufrira Infolibre na pasada semana.
Zapatero avoga por reformar a Constitución para encaixar Cataluña en España e descarta a independencia. Opta pola "redistribución das competencias, recoñecemento da identidade e por dotar de singularidade a algunhas autonomías".
Un estudo da Universidade de Pennsylvania sinala que a maioría das pinturas rupestres atopadas en Francia e España foron realizadas por mulleres
Daniel Raventós analiza en SinPermiso as mobilizacións catalás polo dereito a decidir. Sinala que "é tráxico que o proceso iniciado en Catalunya non sexa percibido como un factor central de crise do réxime borbónico por algúns que se declaran republicanos no resto do Reino de España"
Jorge Fabra, de Economistas Frente a la Crisis, pregúntase se "saimos xa da crise" e analiza en dez punto o estado actual da economía europea.
A asemblea de comuneiros de Cabral celebrou este sábado a súa asemblea sen chegar a un acordo sobre a cesión dos montes comunais para a construción de Porto Cabral.
Unha sentenza do Tribunal Constitucional anula o trato de favor do que gozaban as universidades católicas. Deberán dotarse unha lei de creación que deberá ser aprobada polos parlamentos autónomos e non pola Conferencia Episcopal, como até agora.
Un informe de perspectivas económicas do Deutsche Bank sinala que a economía española se vai parecendo cada vez máis á alemá, cun modelo de crecemento pobre centrado na diminución dos custes laborais e un maior papel das exportacións