Veciñanza de Friol e Guitiriz, disposta a acudir ao Vaticano en xuño se o Papa non atende as reclamacións polo traslado do seu párroco. Cóntao El Progreso
Fálase
O voceiro Antonio Hernando e o xerente do partido, primeiras dimisións no PSOE tras a vitoria de Pedro Sánchez nas primarias.
AVANCE | Co 92,86% escrutado, Pedro Sánchez obtén en Galicia o 65,92% dos votos por un 26,72% de Susana Díaz. Máis información aquí.
ÚLTIMA HORA | Co 71% dos votos escrutados, Pedro Sánchez gaña as primarias do PSOE, tamén en Galicia. Na comunidade, co 59% escrutado, Sánchez obtén o 69% dos votos. Máis información, aquí.
O Breogán volve perder na casa ante o Burgos (79-86) logo dunha prórroga no segundo partido da semifinal ao mellor de cinco e xogarase todo o próximo venres a domicilio.
O Parrulo de Ferrol ascende a Primeira División de fútbol sala logo de gañar 0-2 ao Elche.
Remata a Liga de fútbol co Celta no posto 13º e o Deportivo no 16º. O equipo vigués empatou coa Real Sociedade (2-2) no último partido de Berizzo, homenaxeado por Balaídos. O Deportivo gañou onte a Las Palmas (3-0) cunha protesta de parte do público de Riazor.
Atacan unha mostra sobre o movemento obreiro na Coruña. A exposición ao aire libre A forza necesaria, deseñada por Pepe Barro, aparece con pintadas. O goberno local amosa a súa condena. [Foto @BarroDesign]
A participación nas primarias do PSOE chega ao 51% ás dúas da tarde, fronte ao 32% de 2014.
A comisión que avalía os cartos públicos destinados á educación concertada non se reúne desde que goberna Rajoy. Eldiario.es explica como funcionan os módulos nos que se basean as axudas. En Galicia, a Xunta destina este ano 266 millóns de euros a concertos.