Fomento abrirá dúas obras clave de Santiago antes do 25 de xullo. A ministra, Ana Pastor, visitou o novo acceso ampliado ao polígono do Tambre e o túnel de Conxo, iniciado hai un ano e medio e cuxa humanización en superficie aínda tardará algo máis.
Fálase
O TSXG admite a trámite a querela da ex-edil socialista de Ourense Áurea Soto contra o xuíz Leonardo Álvarez. A actuación do maxistrado contra a antiga concelleira "pode constituír un presunto delito de prevaricación", di o auto.
A Axencia Tributaria rexistra as oficinas de Google España por suposta fraude fiscal.
O director de Diario de Ferrol pide "disculpas" polo artigo homófobo publicado no xornal. Despois da nota de protesta do persoal, Carlos Miragaya explica que "lo que se pretendía, en un tono jocoso que ha herido la sensibilidad no solo de dicho colectivo sino la de muchos de los que compartimos sus derechos, era reivindicar la celebración de una jornada dedicada a los heterosexuales". Pódese ler aquí o texto íntegro.
A Fiscalía da Audiencia Nacional rexeita investigar o financiamento de Podemos. Considera que o coñecido como "informe PISA", elaborado por policías e remitido á Audiencia por un colectivo de ultradereita, é pouco máis ca "un conxunto desordenado de recortes de prensa". Adiántao a SER
Un millón de votos na abstención inclinan o espectro político do Estado á dereita tras o 26X. Gráficos e análise en eldiario.es
Rajoy carga contra unha posible negociación da UE con Escocia: "Se o Reino Unido marcha, Escocia tamén", di en Bruxelas.
A edición 2016 de Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará do 8 ao 14 de agosto na Coruña, homenaxeará a Cervantes e contará con Chris Claremont, creador dos modernos X-Men e cos responsables do novo Corto Maltés. Tamén dedicará unha especial atención ao cómic de temática social.
Crise interna no Partido Laborista británico. O 75% dos deputados da formación apoia unha moción de censura contra Jeremy Corbyn.
A Xunta comeza a campaña contra incendios sen os catro helicópteros que substitúen os avións que perdeu. Os helicópteros non estarán operativos ata agosto e custarán un 80% máis, segundo conta Faro de Vigo.