Crise interna no Partido Laborista británico. O 75% dos deputados da formación apoia unha moción de censura contra Jeremy Corbyn.
Fálase
A Xunta comeza a campaña contra incendios sen os catro helicópteros que substitúen os avións que perdeu. Os helicópteros non estarán operativos ata agosto e custarán un 80% máis, segundo conta Faro de Vigo.
Un atentado no principal aeroporto de Estambul provoca 36 mortes e 147 persoas feridas. As autoridades turcas apuntan á autoría de ISIS
Susana Díaz inicia unha nova ofensiva contra Pedro Sánchez e prepárase para disputarlle o liderado do PSOE
O xuíz que enviou ao cárcere os monicrequeiros de Madrid desbota agora que enaltecesen o terrorismo. O xuíz arquiva a causa por ese delito pero insta agora a investigar os mozos por se atentaron contra os dereitos fundamentais.
Os dous deputados do BNG na Deputación de Lugo formalizan a súa renuncia ao goberno. Fixérono tras o acordo do PSdeG co PP e o deputado non adscrito para a aprobación dos orzamentos
PP, PSOE e Ciudadanos únense para evitar que Fernández Díaz compareza no Congreso. Os membros da Mesa rexeitan a petición de Podemos.
Novas gravacións amosan como Fernández Díaz conspirou sobre como "golpear" a "inimigos" políticos, comezando polo ex-alcalde de Barcelona por CiU, Xavier Trías. Revélao Público.es
Unha avaría informática paraliza os xulgados de Santiago durante catro días. Recólleo Faro de Vigo
Lanzada unha operación contra unha rede que inchaba facturas en obras do AVE. Prevense detencións en Madrid e Barcelona