Unha avaría informática paraliza os xulgados de Santiago durante catro días. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
Lanzada unha operación contra unha rede que inchaba facturas en obras do AVE. Prevense detencións en Madrid e Barcelona
O BNG votará contra os orzamentos da Deputación de Lugo, que aprobarán PSOE e PP esta mañá. Este movemento pon en risco o pacto de goberno de socialistas e nacionalistas. Máis información, hoxe en Praza.
Xa está en marcha o prazo de reserva de postos para o Culturgal 2016, que se celebra en Pontevedra do 2 ao 4 de decembro. A feira das industrias culturais ofrece a información na súa web.
Rematamos a cobertura dunha intensa noite electoral. Velaquí o máis salientable en Galicia:
O PP é a forza máis votada nas sete cidades galegas, aínda que o resultado de Vigo é aínda moi axustado. En Marea é segunda na Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo, e o PSdeG-PSOE en Ourense e Lugo
En Galicia quedan dous escanos que aínda poderían cambiar de mans. En Ourense (80,01%) En Marea está a 3.161 votos de quitarlle un escano ao PP. E na Coruña (82,06%) Ciudadano opta a arrebatarlle un deputado aos populares (4.847 votos de diferenza)
Na provincia da Coruña, co 69,29% escrutado: PP 4, En Marea 2, PSdeG-PSOE 2
Na provincia de Pontevedra, co 59,42% escrutado: PP 3, En Marea 2, PSdeG-PSOE 2
Na provincia de Lugo, co 72,71% escrutado: PP 2, PSOE 1, En Marea 1.