Rematamos a cobertura dunha intensa noite electoral. Velaquí o máis salientable en Galicia:
Fálase
O PP é a forza máis votada nas sete cidades galegas, aínda que o resultado de Vigo é aínda moi axustado. En Marea é segunda na Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo, e o PSdeG-PSOE en Ourense e Lugo
En Galicia quedan dous escanos que aínda poderían cambiar de mans. En Ourense (80,01%) En Marea está a 3.161 votos de quitarlle un escano ao PP. E na Coruña (82,06%) Ciudadano opta a arrebatarlle un deputado aos populares (4.847 votos de diferenza)
Na provincia da Coruña, co 69,29% escrutado: PP 4, En Marea 2, PSdeG-PSOE 2
Na provincia de Pontevedra, co 59,42% escrutado: PP 3, En Marea 2, PSdeG-PSOE 2
Na provincia de Lugo, co 72,71% escrutado: PP 2, PSOE 1, En Marea 1.
ENQUISA TVG: PP 117-121, Unidos Podemos 91-95, PSOE 81-85, Cs 26-30. Unidos Podemos e PSOE sumarían maioría absoluta, segundo a enquisa para a canle pública.
Ana Pontón chama a votar "con ilusión, con convicción e con esperanza no futuro, para que o resultado sexa positivo para os retos que como sociedade temos por diante". A portavoz nacional do BNG votou en Santiago acompañada polo cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón.
Rajoy vota e anuncia que España "será o que os españois queiran que sexa". Berros enfrontados de "presidente" e "sí se puede" no momento da votación do presidente do Goberno en funcións.
Atacada a sede do Partido Comunista en Madrid con pedradas e pintadas fascistas. "Rojos al paredón, asesinos", podía lerse nalgunha das mensaxes escritas.