Intereconomía Business TV e a edición en papel de La Gaceta están ao borde do peche. E empresa que preside Julio Ariza débelles varias mensualidades aos seus traballadores e traballadoras
Fálase
Esta mañá Pachi Vázquez reúnese en Madrid con Alfredo Pérez Rubalcaba. Sobre a mesa está a celebración de primarias para renovar a secretaría xeral, decidida polo Comité Nacional do PSdeG e que, segundo avanza a Cadena SER, será aceptada pola dirección federal do PSOE.
Ernst & Young dubidou das contas de Pescanova durante dez anos. A auditoría apuntou salvedades entre 1991 e 2001, segundo conta Cinco Días.
Google Maps agrega imaxes de 360 graos do Everest e doutros cumios coma o Kilimanjaros, o Elbruss, ou o Aconcagua.
A alcaldesa de Silleda, a socialista Paula Fernández, retiroulle as competencias -cultura, turismo, educación e participación cidadá- ao único edil do BNG no Concello.
José Ramón Gómez Besteiro iniciará este mércores en Santiago os contactos coas diferentes agrupacións do partido en Galicia dentro da súa campaña á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE.
PSOE e ACIP condicionan o pacto co Bloque en Ponteareas para desaloxar o PP do Goberno municipal a que o aproben os seus partidos
A comisión de gastos reservados do Congreso investigará hoxe as xestións que Corinna zu Sayn-Wittgenstein realizaba para España. Comparecerá o director do CNI, Félix Sanz
Este venres celébrase en Santiago o Compostweets 2013, o III Encontro Anual de Social Media de Galicia.
Este luns públícase Manifiesto Crowd: La empresa y la inteligencia de las multitudes, libro escrito conxuntamente por Juan Freire e Antoni Gutiérrez-Rubí. "as multitudes non son unha turba, caótica, nin unha masa, homoxénea, son un colectivo diverso e organizado en rede".