A ministra de Sanidade admite casos de malnutrición infantil en España pero desvincúlaos de factores económicos. A pasada semana Feijóo considerou un "insulto" suxerir a existencia destes casos en Galicia e desdeñou os datos de pobreza infantil expostos por Cáritas.
Fálase
Inspectores de Renfe advertiron de que os horarios do Alvia eran excesivamente axustados. Cóntao El País
Francisco Vázquez defende a Rouco Varela, cre que se "esaxeraron" as súas declaracións sobre a guerra civil e denunciou o "anticlericalismo que xorde como novo problema" en España.
Economistas Frente a la Crisis presenta un decálogo de propostas de política económica paraa UE, baixo o título de “Cambiar a política económica para recuperar Europa” e baseadas en recuperar a política económica e poñela ao servizo do progreso e dos cidadáns
Crece o machismo entre os adolescentes, segundo un estudo elaborado pola Universidad Complutense. O informe sinala as novas formas de control, coma as redes sociais ou a mensaxería instantánea, e programa de televisión que promocionan estereotipos machistas
A economista galega Nadia María Calviño Santamaría, designada directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea. Anteriormente foi directora xeral de Defensa da Competencia e adxunta á Dirección Xeral de Mercado Interior
A suba do IVE obriga a Xunta a dar 433.000 euros máis en subvencións á AP-9. Os cartos públicos que serven para pagar a gratuidade dos treitos entre Vigo e O Morrazo e A Coruña e A Barcala foron en 2013 de 6,1 millóns de euros.
A 'taxa Tobin' podería operar en once Estados europeos en xaneiro de 2015. Recadaranse ata 35.000 millóns de euros ao ano, 5.000 deles en España.
Facenda ameaza con levar ao Constitucional á Xunta pola súa lei interpretativa da reforma local. Analiza os textos que impulsan Galicia e Castela e León para suaviar a aplicación da norma estatal.
Exhibición de testosterona no spot preparado polo C.D. Ourense para a final da Copa Federación de fútbol, que xogará o vindeiro 10 de abril ante o Guadalajara.