A suba do IVE obriga a Xunta a dar 433.000 euros máis en subvencións á AP-9. Os cartos públicos que serven para pagar a gratuidade dos treitos entre Vigo e O Morrazo e A Coruña e A Barcala foron en 2013 de 6,1 millóns de euros.
Fálase
A 'taxa Tobin' podería operar en once Estados europeos en xaneiro de 2015. Recadaranse ata 35.000 millóns de euros ao ano, 5.000 deles en España.
Facenda ameaza con levar ao Constitucional á Xunta pola súa lei interpretativa da reforma local. Analiza os textos que impulsan Galicia e Castela e León para suaviar a aplicación da norma estatal.
Exhibición de testosterona no spot preparado polo C.D. Ourense para a final da Copa Federación de fútbol, que xogará o vindeiro 10 de abril ante o Guadalajara.
A Organización Galega de Comunidades de Montes urxe a Xunta a adoptar medidas de prevención contra os incendios, o Pladiga, do que "non se sabe nada dende abril do ano pasado". A entidade denuncia que "o persoal laboral está desesperado" e acusou a Xunta de destinar "medios precarios" á extinción
Anonymous Palestina e hacktivistas de distintos puntos do planeta anunciaron un ciberataque contra sitios web israelís o vindeiro 7 de abril, aniversario da operación Borrar Israel de Internet” (#OpIsrael)
O BNG reclama paralizar a campaña coa que Industria tenta identificar a política económica da Xunta coa marca Galicia Calidade. Para Carme Adán esta é unha acción de "autobombo" que pretende "agochar a inactividade" do Goberno e, nomeadamente, da Consellería de Economía e Industria.
O director da Policía xustifica as agresións dos antidisturbios a xornalistas porque "non é doado distinguilos" en situacións de "tensión" e defende que os axentes respectan "sempre" o dereito á información. Para evitar novas agresións recomenda que a prensa leve chalecos identificativos nas manifestacións. En El Diario
A CIG entrega a esta hora no Parlamento as sinaturas recolleitadas pola súa ILP na defensa do emprego en Galicia tras celebrar unha asemblea de delegados e delegadas e unha manifestación ata o Pazo do Hórreo.
O paro descendeu en abril en 16.620 persoas, deixando o número de inscritos nas oficinas de búsqueda de emprego en 4.795.866. En termos desestacionalizados o desemprego diminúe en 17.000 persoas. Hai tamén 83.984 afiliados e afiliadas máis á Seguridade Social. En Galicia o paro caeu en 3.608 persoas, até un total de 276.463.