O BNG reclama paralizar a campaña coa que Industria tenta identificar a política económica da Xunta coa marca Galicia Calidade. Para Carme Adán esta é unha acción de "autobombo" que pretende "agochar a inactividade" do Goberno e, nomeadamente, da Consellería de Economía e Industria.
