Anonymous Palestina e hacktivistas de distintos puntos do planeta anunciaron un ciberataque contra sitios web israelís o vindeiro 7 de abril, aniversario da operación Borrar Israel de Internet” (#OpIsrael)
Fálase
O BNG reclama paralizar a campaña coa que Industria tenta identificar a política económica da Xunta coa marca Galicia Calidade. Para Carme Adán esta é unha acción de "autobombo" que pretende "agochar a inactividade" do Goberno e, nomeadamente, da Consellería de Economía e Industria.
O director da Policía xustifica as agresións dos antidisturbios a xornalistas porque "non é doado distinguilos" en situacións de "tensión" e defende que os axentes respectan "sempre" o dereito á información. Para evitar novas agresións recomenda que a prensa leve chalecos identificativos nas manifestacións. En El Diario
A CIG entrega a esta hora no Parlamento as sinaturas recolleitadas pola súa ILP na defensa do emprego en Galicia tras celebrar unha asemblea de delegados e delegadas e unha manifestación ata o Pazo do Hórreo.
O paro descendeu en abril en 16.620 persoas, deixando o número de inscritos nas oficinas de búsqueda de emprego en 4.795.866. En termos desestacionalizados o desemprego diminúe en 17.000 persoas. Hai tamén 83.984 afiliados e afiliadas máis á Seguridade Social. En Galicia o paro caeu en 3.608 persoas, até un total de 276.463.
Novagalicia Banco perdeu no último ano o 32% dos seus depósitos. A entidade reduciu nun 22% o seu investimento crediticio e pechou 2013 con 17,9 millóns de euros de beneficios
Mantense o consenso entre PP e PSOE para non desclasificar documentos segredos do 23-F até 2031. 5 dos 13 líderes declarados do golpe aínda están vivos.
Moi baixa participación nas eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo, nas que apenas o 8,6% dos membros da comunidade universitaria acudiu a votar. Salustiano Mato, único candidato, obtivo 751 votos, fronte a 908 votos en branco e 291 nulos
Interior presiona con Asuntos Internos os policías que investigan o PP. O xuíz Pablo Ruz non foi informado dos interrogatorios aos policías, a pesar de dirixir a investigación do caso Gürtel
Remata sen acordo a reunión entre a Xunta e os alcaldes críticos pola suba do canon de Sogama. Os rexedores advirten que manterán as protestas e acusan o Goberno de actuar con "irresponsabilidade".