Ahmed Shafiq, o candidato pro Mubarak, asegura ser o gañador das eleccións presidenciais exipcias co 51% dos votos, segundo Al Arabiya. Os islamitas tamén din ser os gañadores. Até o xoves non haberá resultados oficiais
Fálase
O xuízo do Prestige comezará finalmente o 16 de outubro e está previsto que se prolongue até finais de maio de 2013.
Os Ecogaleguistas lembran o sétimo aniversario do triunfo de PSdeG e BNG nas eleccións de 2005 e afirman que "o tripartito conformado por PSdeG-BNG-CIDADANÍA naufragou no momento que se converteu nun bipartito conformado exclusivamente por PSdeG-BNG"
Os traballadores e traballadoras de SEAGA maniféstanse este mércores ás once da mañá en Compostela. CIG-Servizos denuncia que a Xunta intenta evitar a contratación –directa ou indirecta- de persoal con experiencia para non recoñecer a súa condición de fixo descontinuo
O PP rexeita universalizar a axuda a parados maiores de 45 anos que esgotaron a súa prestación. Os populares empregan a súa maioría absoluta para tombar a proposta de UPyD.
O Twitter do PPdeG avanza que a mexicana Pemex construirá dous buques en Navantia Ferrol.
O revista Achtung advirte de que os xogadores da selección española non tributarán nada polos 300.000 euros que cobrarán cada un deles se gañan a Eurocopa. O medio lanza este cartel para denunciar esta "prima sen risco".
O Celta Bosco renuncia a participar a vindeira tempada na Liga Feminina por problemas económicos. O histórico club de baloncesto vigués non competirá en división de honra logo de 16 campañas seguidas na elite e dous títulos conquistados.
A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado lanza o vídeo Non entran dentro da súa campaña informativa sobre o dereito de asilo. En 2011 apenas 3.414 persoas accederon ao procedemento de asilo en España, un 65% menos que hai unha década.
CC.OO e UGT manifestaranse este mércores ás oito da tarde, baixo o lema Non cales! Defende os teus dereitos, contra a Reforma Laboral e as políticas do goberno de Mariano Rajoy. As manifestacións están convocadas na Coruña (Palloza), Ferrol (Inferniño), Vigo (cruce Vía Norte e Urzaiz), Santiago (Alameda), Lugo (Ronda da Muralla), Ourense (Pavillón dos Remedios), Pontevedra (Ferrería), Vilagarcía (Av. da Mariña) e Burela (Praza da Mariña).