A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado lanza o vídeo Non entran dentro da súa campaña informativa sobre o dereito de asilo. En 2011 apenas 3.414 persoas accederon ao procedemento de asilo en España, un 65% menos que hai unha década.
Fálase
CC.OO e UGT manifestaranse este mércores ás oito da tarde, baixo o lema Non cales! Defende os teus dereitos, contra a Reforma Laboral e as políticas do goberno de Mariano Rajoy. As manifestacións están convocadas na Coruña (Palloza), Ferrol (Inferniño), Vigo (cruce Vía Norte e Urzaiz), Santiago (Alameda), Lugo (Ronda da Muralla), Ourense (Pavillón dos Remedios), Pontevedra (Ferrería), Vilagarcía (Av. da Mariña) e Burela (Praza da Mariña).
O Tesouro coloca máis de 3.000 millóns e supera o máximo previsto, pero os intereses superan o 5%.
A segunda auditoría á banca española atrásase até setembro. As análises, que debían finalizar en xullo, aprázanse para conseguir "un exame máis exhaustivo", segundo informan fontes próximas ao proceso a varias axencias. A primeira parte, que detallará o capital adicional necesario, publícase este xoves.
O ex lehendakari José Antonio Ardanza revela que Felipe González o advertiu dun posible golpe de Estado militar tras o atentado de ETA no Hipercor de Barcelona, do que hoxe se fan vinte e cinco anos. En Vilaweb.
Rajoy recúa e di agora que o rescate á banca española é "tremendamente daniño" ao vincular o risco bancario ao risco soberano e pide que as axudas se concedan directamente ás entidades. O presidente do Goberno, que acode ao cumio do G-20, dixera hai unha semana que a inxección era un éxito por non supoñía "condicións" para o Estado.
Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós analizan en Sinpermiso a situación creada despois do triunfo da dereita en Grecia, o rescate bancario en España e coa posibilidade aberta dun goberno de unidade nacional
Nova xornada no conflito dos mineiros en Asturias. Despois do éxito da folga de onte, e da manifestación de 50 mil persoas en Langreo, hoxe ao redor de 300 traballadores viaxan a Madrid para manifestarse diante do Senado. Anúnciase unha marcha a pé até Madrid, que se convertiría nunha acampada permanente na capital do Estado.
Antón Costas, catedrático de Economía da Universidade de Barcelona, advirte dun "clima depresivo" que se puede alongar unha década. Costas participou no encontro A economía galega: oportunidades e propostas e salientou que "a dimensión das empresas será determinante para poder sobrevivir", apostando por empresas grandes con capacidade de innovar e buscar mercados no exterior.
Hoxe lémbrase en Barcelona o 25 aniversario do atentado de ETA en Hipercor, que causou a morte a 21 persoas.