Jealsa-Rianxeira vende a súa polémica planta de O Aaiún, no Sáhara, na que procesaba sardiña para Mercadona. A empresa consideraba a fábrica unha filial marroquí e explotaba os recursos saharauís, a pesar de tratarse dunha ocupación non recoñecida pola ONU.
Fálase
As universidades galegas aprobaron iniciar a supresión de 24 titulacións de máster e 3 de grao. Con respecto aos títulos que nos últimos tres cursos non reuniron o número mínimo de estudantes fixado polo decreto da Xunta, as tres universidades deberán presentar un plan de viabilidade en marzo de 2015.
O coordinador federal de IU, Cayo Lara, completou este luns unha intensa visita de traballo a Galicia, onde se reuniu en Vilagarcía cos traballadores e traballadoras de Lantero, e en Ferrol cos de Cleanet e Megasa para coñecer os conflitos laborais que están a sufrir.
Na tarde deste luns finou o británico Joe Cocker, aos 70 anos de idade, dun cancro de pulmón.
EH Bildu e PSE rexeitan a proposta do Goberno vasco que busca acelerar o final ordenado de ETA a través dun procedemento para un desarme "rápido, viable e efectivo" mediante un xesto unilateral
Detido en Valencia outro dos supostos asasinos de Jimmy, o ultra do Deportivo falecido en Madrid. Outro arrestado na mesma localidade tamén tería participado na brutal pelexa.
A xustiza admite as querelas contra Mas e varios membros do Govern polo 9N. O TSJC delibera se xunta todas elas e as denuncias contra a Generalitat.
Vén de saír o gordo, o número 13.437, moi repartido como case todos os premios deste ano da Lotaría de Nadal. Entre outras localidades, foi vendido na Coruña, en Lugo e en Carballo. Tamén houbo premios para Pontevedra, Santiago, Carballo, Vigo, Sarria, Tomiño, Lourenzá ou Quiroga, que venderon parte dun cuarto, e para As Pontes, Cambados, A Estrada, Becerreá, Ponteareas ou Cee, que repartiron parte dun segundo
Galicia é, xunto con Cantabria, a comunidade autónoma cunha menor porcentaxe de alcaldesas, por debaixo do dez por cento (un total de 31), fronte a unha media no conxunto de España do 17%.
A infanta Cristina sentará no banco dos acusados polo caso Nóos. Será xulgada por presunta cooperadora en dous delitos fiscais.