Petrologis, unha empresa presidida por Arias Cañete, pagou 240.000 euros para evitarlle un xuízo por homicidio imprudente
Fálase
Núñez Feijóo foi informado en 2013 dos contratos fraudulentos do alcalde do Porriño. Un particular envioulle ao presidente da Xunta correos electrónicos coa mesma documentación que levou a fiscalía a denunciar o rexedor
Rocío Mosquera designa como asesor un membro do xurado que ascendeu o seu home. O médico que perdeu a praza fronte ao esposo da conselleira impugna o nomeamento
Ás oito deste serán celébrase no Circo de Artesáns da Coruña a homenaxe a Domingos Merino, primeiro alcalde da cidade tras o franquismo. En Praza lembramos eses anos cunha reportaxe: Domingos Merino, A Coruña que puido ser
Rajoy declárase "moi contento" cos datos do paro e ve na EPA unha mostra de que "as cousas van a mellor". En El Diario
As Novas Xeracións do PP lanzan unha campaña para caricaturizar "as alianzas do nacionalismo" nas eleccións europeas. As mocidades do PP formulan argumentos como que o "discurso" de Bildu é "ambiguo coa violencia terrorista", que IU defende a República Española ou que PNV e CiU rexeitan o AVE a Galicia.
Beiras censura as detencións practicadas onte en todo o Estado por suposto "enaltecemento do terrorismo" con comentarios en Twitter. "O próximo será controlar as conversas de tasca", di o voceiro de AGE. Recólleo Faro de Vigo.
O líder agrarista francés e aspirante do Grupo Verdes/ALE á Comisión Europea, José Bové, acude este xoves a Galicia para apoiar a candidata do BNG ás eleccións do 25-M, Ana Miranda.
A presidenta da asociación Ve-la Luz foi detida esta mañá por un acto de "desobediencia civil" segundo informa a entidade. Xa foi posta en liberdade tras pasar a disposición xudicial. O colectivo contra a violencia de xénero denuncia unha "caza de bruxas" contra a súa representante.
A dirección de TVE defende o programa Entre Todos argumentando que axuda a integración das persoas con discapacidade. Fíxoo nunha resposta á deputada galega do PSOE Laura Seara que recolle Te interesa