A campaña Gústame o galego, impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, supera os 5.000 participantes mentres, en Facebook, xa van alén dos 10.000 seguidores e seguidoras.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/525295d858644-403120_459210794115794_1690539157_n.jpg)
A campaña Gústame o galego, impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, supera os 5.000 participantes mentres, en Facebook, xa van alén dos 10.000 seguidores e seguidoras.
Un concello de Málaga veta nas súas festas patronais unha ducia de estilos musicais e, en xeral, toda a música que non estea "interpretada en español". Fíxoo a través dun bando municipal.
O Culturgal recibiu 157 propostas para a súa edición deste ano, a "da corresponsabilidade".
Sin Permiso publica un dossier sobre a reforma sanitaria impulsada por Obama e o bloqueo da administración forzado polos republicanos. James K. Galbraith sinala que "o goberno non ten que pedir prestado para gastar"
O PP catalán propón agora outro modelo de financiamento para frear o proceso independentista. Sánchez-Camacho trasládalle a Rajoy un sistema especial para a autonomía.
Os profesores volven a clase en Baleares pero non aplicarán o decreto trilingüe. Regresan ás escolas logo de tres semanas de folga.
Unha explosión provoca danos materiais no Concello de Beade. Os feitos tiveron lugar ás catro da mañá e polo de agora descoñécese a súa orixe.
51 mortos en Exipto en enfrontamentos entre os Irmáns Musulmáns, forzas de seguridade e partidarios do exército.
Rematou a xornada na Terceira galega. O Arousa sitúase como líder en solitario, por diante de Ordes e Cerceda
Cerceda 0-0 Choco
Laracha 2-0 Pontevedra
Alondras 1-1 Rápido de Bouzas
Betanzos 1-1 Deportivo B
As Pontes 0-2 Barbadás
Grixoa 0-2 Somozas
Bertamiráns 1-0 Negreira
Arousa 2-1 Ordes
Racing Vilalbés 1-0 Dorneda
Cultural Areas 0-1 Boiro
O Lugo caeu derrotado ante o Castilla (2-0) na oitava xornada da Segunda División. Rematou tamén a xornada na 2ªB: vitoria do Ourense ante o Burgos (3-1), que lle permite meterse en postos de play-off de ascenso. Empates do Compostela (2-2 ante a Cultural Leonesa) e do Rácing de Ferrol (2-2 ante o Guijuelo). E clara derrota do Celta B (6-0) ante o líder Zamora.