Celébrase entre Padrón e Compostela unha marcha en apoio do Sáhara. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui reclama así o respecto aos dereitos humanos nos seus territorios. Imaxe de @montseprado.

Celébrase entre Padrón e Compostela unha marcha en apoio do Sáhara. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui reclama así o respecto aos dereitos humanos nos seus territorios. Imaxe de @montseprado.
A Xunta indulta grandes obras pero derruba pequenas construcións por ser obras ilegais. A Administración actuou contra 111 inmobles, a maioría casas e galpóns, pero mantén en pé urbanizacións e hoteis con orde de derrubamento.
A Policía pretende gastar tres millóns de euros en militarizar o seu uniforme, segundo o borrador preparado pola Dirección Xeral do corpo de seguridade.
A Xunta denega definitivamente o proxecto mineiro de Corcoesto, segundo informa a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños. A Dirección Xeral de Minas tería ditado a resolución definitiva o pasado 11 de marzo. Máis información, esta tarde en Praza.
A débeda galega aumentou un 0,3% no último trimestre de 2013 e pechou o ano no 16,6% do PIB.
Paula Prado cre que o BNG "pide aos galegos lexitimar 50 anos de terrorismo en España" coa súa coalición con Bildu para as eleccións europeas. A voceira do PPdeG di "entender" as dificultades do Bloque para condenar o terrorismo.
O BNG e EH-Bildu presentan a esta hora en Bilbao a súa candidatura para as eleccións europeas. (Foto: BNG)
A Consellería do Mar anuncia unha xuntanza de Rosa Quintana "con todos os representantes do sector do cerco" para esta tarde ás 15:30.
Informes médicos acreditan lesións en falecidos e superviventes da traxedia de Ceuta. Unha ONG proba con partes médicos e fotografías importantes danos nos inmigrantes.
A revista do corazón ¡Hola! esixe formalmente a retirada do anterior número da publicación satírica e informativa Mongolia polo deseño da súa primeira páxina, unha parodia sobre a imputación da infanta Cristina. Están a recabar apoios nas redes sociais coa etiqueta #HolaquierecerrarMongolia