Paula Prado cre que o BNG "pide aos galegos lexitimar 50 anos de terrorismo en España" coa súa coalición con Bildu para as eleccións europeas. A voceira do PPdeG di "entender" as dificultades do Bloque para condenar o terrorismo.
Fálase
O BNG e EH-Bildu presentan a esta hora en Bilbao a súa candidatura para as eleccións europeas. (Foto: BNG)
A Consellería do Mar anuncia unha xuntanza de Rosa Quintana "con todos os representantes do sector do cerco" para esta tarde ás 15:30.
Informes médicos acreditan lesións en falecidos e superviventes da traxedia de Ceuta. Unha ONG proba con partes médicos e fotografías importantes danos nos inmigrantes.
A revista do corazón ¡Hola! esixe formalmente a retirada do anterior número da publicación satírica e informativa Mongolia polo deseño da súa primeira páxina, unha parodia sobre a imputación da infanta Cristina. Están a recabar apoios nas redes sociais coa etiqueta #HolaquierecerrarMongolia
As lonxas da Coruña e Vigo amencen baleiras por un paro en solidariedade co cerco galego. Non hai descarga nin poxa de peixe. Os mariñeiros participan hoxe nunha manifestación en Oviedo e reúnense coa Xunta para negociar un reparto máis xusto. Un grupo de armadores tamén acudirá ao Congreso. Imaxe de @copecoruna.
Guardiola, Lluís Llach ou Dyango reclaman nun vídeo o dereito a decidir de Cataluña e len o artigo primeiro do Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos en varios idiomas. A reivindicación forma parte da campaña #CatalansWantToVote.
A avogada do Estado acusa o xuíz do Alvia de facer unha "inquisición xeral sobre a actividade de Adif". Remítelle unha carta con duros reproches á súa investigación e acúsao de ter en conta "especulacións" da defensa do maquinista.
José Blanco marcha ao Parlamento Europeo. O ex ministro galego terá un posto de saída na candidatura que proporá o comité federal de listas do PSOE malia o desacordo de Ferraz. A presión do PSdeG foi clave na decisión.
Os expertos propoñen cobrar un imposto menor ás empresas pero quitar tamén as deducións. Os sabios seleccionados polo Goberno presentan a súa proposta de reforma fiscal en 125 medidas.