Informes médicos acreditan lesións en falecidos e superviventes da traxedia de Ceuta. Unha ONG proba con partes médicos e fotografías importantes danos nos inmigrantes.
Fálase
A revista do corazón ¡Hola! esixe formalmente a retirada do anterior número da publicación satírica e informativa Mongolia polo deseño da súa primeira páxina, unha parodia sobre a imputación da infanta Cristina. Están a recabar apoios nas redes sociais coa etiqueta #HolaquierecerrarMongolia
As lonxas da Coruña e Vigo amencen baleiras por un paro en solidariedade co cerco galego. Non hai descarga nin poxa de peixe. Os mariñeiros participan hoxe nunha manifestación en Oviedo e reúnense coa Xunta para negociar un reparto máis xusto. Un grupo de armadores tamén acudirá ao Congreso. Imaxe de @copecoruna.
Guardiola, Lluís Llach ou Dyango reclaman nun vídeo o dereito a decidir de Cataluña e len o artigo primeiro do Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos en varios idiomas. A reivindicación forma parte da campaña #CatalansWantToVote.
A avogada do Estado acusa o xuíz do Alvia de facer unha "inquisición xeral sobre a actividade de Adif". Remítelle unha carta con duros reproches á súa investigación e acúsao de ter en conta "especulacións" da defensa do maquinista.
José Blanco marcha ao Parlamento Europeo. O ex ministro galego terá un posto de saída na candidatura que proporá o comité federal de listas do PSOE malia o desacordo de Ferraz. A presión do PSdeG foi clave na decisión.
Os expertos propoñen cobrar un imposto menor ás empresas pero quitar tamén as deducións. Os sabios seleccionados polo Goberno presentan a súa proposta de reforma fiscal en 125 medidas.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública afirma que vixilará posibles acordos sobre o novo hospital de Vigo nas negociacións que está a manter o goberno local co Partido Popular. Representantes da Plataforma mantiveron unha xuntanza con Abel Caballero, na que o rexedor lles asegurou que "non se vai financiar con diñeiro público o beneficio dunha empresa privada"
Os rexistros da propiedade de Ourense e Monforte acolleron esta tarde novos actos de reivindicación do dereito das mulleres adecidir sobre o seu propio corpo como mostra de rexeitamento á contrarreforma do Goberno central. (foto: BNG Ourense)
233grados salienta o "ambiente de optimismo" que se está vivindo na prensa dixital nos Estados Unidos, cun incremento dos xornalistas contratados e do investimento externo. Pola contra, ALT1040 critica a "visión catastrofista" sobre as novas tecnoloxías ofrecida por Mariano Rajoy no acto de celebración do 110 aniversario de ABC.