Os rexistros da propiedade de Ourense e Monforte acolleron esta tarde novos actos de reivindicación do dereito das mulleres adecidir sobre o seu propio corpo como mostra de rexeitamento á contrarreforma do Goberno central. (foto: BNG Ourense)

Os rexistros da propiedade de Ourense e Monforte acolleron esta tarde novos actos de reivindicación do dereito das mulleres adecidir sobre o seu propio corpo como mostra de rexeitamento á contrarreforma do Goberno central. (foto: BNG Ourense)
233grados salienta o "ambiente de optimismo" que se está vivindo na prensa dixital nos Estados Unidos, cun incremento dos xornalistas contratados e do investimento externo. Pola contra, ALT1040 critica a "visión catastrofista" sobre as novas tecnoloxías ofrecida por Mariano Rajoy no acto de celebración do 110 aniversario de ABC.
Variety analiza as posibilidades dun "desembarco" inmediato de Netflix en distintos países de Europa. Considera pouco probable que isto se produza en 2014 en España, por mor da piratería e dos obstáculos impostos polas distribuidoreas, a pesar do "potencial crecente" do vídeo baixo demanda.
O blog Eu non manipulo, realizado polo Comité de Empresa da TVG, denuncia a cobertura realizada pola televisión pública dos disturbios protagonizados o pasado mércores en Compostela por axentes de policía e mariñeiros do cerco. Os traballadores da TVG cren que "volve demostrar unha absoluta falta de equilibrio informativo, reflectindo unha clara tendenciosidade".
Este xoves presentouse a XXXI Edición da Semana Galega de Filosofía, que se celebrará en Pontevedra do 21 ao 25 de abril. As sesións estarán centradas na Revolución e contarán coa participación de Terry Eagleton, Gerard Mauger, Domenico Losurdo, Frank Mintz ou Santiago Alba Rico, entre outros.
A Executiva do BNG ratifica o acordo con EH-Bildu para as eleccións europeas. Máis información, hoxe en Praza.
Artur Mas garante que colocará as urnas para a consulta do vindeiro 9 de novembro. Valerase da nova lei de consultas catalá se o Estado non accede a transferirlle as competencias.
Nós-UP descarta participar nas eleccións europeas ao "non ser posíbel articular a candidatura que Galiza precisa".
O alcalde de Muras, Issam Alnagm, reivindica en Lugo que o "verdadeiro PP é o de Fraga" e non o dos actuais dirixentes conservadores, aos que cualifica de "yeyés". Recólleo El Progreso.
O proceso de rexistro dos dominios .gal comezará "nuns días", segundo revelou Manuel González (presidente da Asociación Punto Gal) nas xornadas A mediación cultural en Internet, celebradas onte no Consello da Cultura Galega. O proceso de rexistro de dominios será gradual e por niveis até a fase final, que será o rexistro en aberto para calquera interesado en particular.