O blog Eu non manipulo, realizado polo Comité de Empresa da TVG, denuncia a cobertura realizada pola televisión pública dos disturbios protagonizados o pasado mércores en Compostela por axentes de policía e mariñeiros do cerco. Os traballadores da TVG cren que "volve demostrar unha absoluta falta de equilibrio informativo, reflectindo unha clara tendenciosidade".
Fálase
Este xoves presentouse a XXXI Edición da Semana Galega de Filosofía, que se celebrará en Pontevedra do 21 ao 25 de abril. As sesións estarán centradas na Revolución e contarán coa participación de Terry Eagleton, Gerard Mauger, Domenico Losurdo, Frank Mintz ou Santiago Alba Rico, entre outros.
A Executiva do BNG ratifica o acordo con EH-Bildu para as eleccións europeas. Máis información, hoxe en Praza.
Artur Mas garante que colocará as urnas para a consulta do vindeiro 9 de novembro. Valerase da nova lei de consultas catalá se o Estado non accede a transferirlle as competencias.
Nós-UP descarta participar nas eleccións europeas ao "non ser posíbel articular a candidatura que Galiza precisa".
O alcalde de Muras, Issam Alnagm, reivindica en Lugo que o "verdadeiro PP é o de Fraga" e non o dos actuais dirixentes conservadores, aos que cualifica de "yeyés". Recólleo El Progreso.
O proceso de rexistro dos dominios .gal comezará "nuns días", segundo revelou Manuel González (presidente da Asociación Punto Gal) nas xornadas A mediación cultural en Internet, celebradas onte no Consello da Cultura Galega. O proceso de rexistro de dominios será gradual e por niveis até a fase final, que será o rexistro en aberto para calquera interesado en particular.
A actriz María Bouzas será o Premio Pedigree 2014 no Festival de Cans. Os Chimpíns de Prata, agora chamados Premio Pepe Puime (en homenaxe a un dos veciños máis implicados na organización do festival) serán para a veciña Divina Campos e o actor e guionista Juan Ibáñez “Trancas” de El Hormiguero.
GCiencia ofrece un retrato de Eduardo Chao, científico, xornalista, historiador e ministro de Fomento, e o primeiro que usou mapas de isóbaras, un dos primeiros meteorólogos. Contaba cn observatorio no alto da Casa do Concello de Vigo.
Un vídeo analiza a "desproporcionada actuación" da policía durante a manifestación dos mariñeiros do cerco. GzVídeos amosa imaxes e achega testemuños sobre as polémicas cargas dos antidisturbios en Compostela.