GCiencia ofrece un retrato de Eduardo Chao, científico, xornalista, historiador e ministro de Fomento, e o primeiro que usou mapas de isóbaras, un dos primeiros meteorólogos. Contaba cn observatorio no alto da Casa do Concello de Vigo.
Fálase
Un vídeo analiza a "desproporcionada actuación" da policía durante a manifestación dos mariñeiros do cerco. GzVídeos amosa imaxes e achega testemuños sobre as polémicas cargas dos antidisturbios en Compostela.
Galicia aumenta a capacidade de pesca da xarda pero o cerco insiste que non arranxa o problema se non se cambian os criterios de reparto de cota. O acordo do Goberno con Noruega e as Illas Feroe aumenta a capacidade de 1.450 toneladas a 3.400.
A liorta entre a banca e Damn polo convenio pon Pescanova ao borde da liquidación. Os bancos traballan na compra dos activos se entran en venda; queren recuperar 1.000 millóns de débeda, pero Carceller "só" ofrece 700.
O diñeiro que a sanidade pública paga á privada creceu un 52% en dez anos. A utilización de medios privados para as súas redes de saúde, que xa representa o 10% do gasto sanitario público español.
O alcalde de Pedrafita deixará o PSOE e a Deputación, pero non o Concello tras ser imputado na trama de retirada de multas de Lugo. Cóntao La Voz de Galicia.
3.000 traballadores de Navantia Ferrol marchan en manifestación até Fene, ao vello estaleiro de Astano (hoxe Navantia Fene), para subliñar a "parálise" que vive aquela factoría e advertir do "perigo" de que se “astanice” todo o sector naval da ría ferrolá. Foto: Susete
AGE censura a expulsión do seu deputado Juan Fajardo do pleno do Parlamento por referirse aos "regalos da hostia" dos que, segundo consta nas gravacións da Pokémon, falou a voceira do PP, Paula Prado.
Fállase o certame Lingua de namorar, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e no que participaron un milleiro de mozos e mozas. As mensaxes gañadoras pódense ler na páxina do concurso.
Os mariñeiros do cerco abandonan a reunión coa Xunta por participar nela a conselleira do Mar, Rosa Quintana, sen antes retirar o cualificativo de "vándalos" contra o conxunto dos traballadores que se mobilizaron.