Os mariñeiros do cerco abandonan a reunión coa Xunta por participar nela a conselleira do Mar, Rosa Quintana, sen antes retirar o cualificativo de "vándalos" contra o conxunto dos traballadores que se mobilizaron.
Fálase
Un vídeo denuncia que este xoves 13 terá lugar unha deportación masiva de senegaleses. Estas deportacións, nas que nalgúns casos as persoas expulsadas son sedadas, realízanse deste xeito para aforrar custes e grazas a un convenio asinado con Air Europa en 2012. En protesta con estes "voos da vergonza" creouse tamén o hashtag #DeportacionMasivaNo
O delegado do Goberno central, Samuel Juárez, defende as cargas policiais contra os mariñeiros do cerco e cualifica de "prepotentes" os deputados do BNG que foron zarandeados e increpados polos antidisturbios. Recólleo Galiciaé
A Xunta suma a conselleira do Mar á xuntanza de Alfonso Rueda cos mariñeiros do cerco. Os traballadores rexeitaran a Quintana despois de cualificalos de "vańdalos".
Esgotadas as prazas do tren galego das Marchas da Dignidade do 22M, que xuntarán en Madrid columnas de manifestantes chegadas de todos os territorios do Estado contra as políticas dos gobernos do PP e da troika.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia homenaxea Xosé Manuel Olveira Pico, falecido o ano pasado, co Premio de Honra Marisa Soto, que será entregado na cerimonia dos María Casares, que se celebrará o 27 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
A Xunta informa os mariñeiros do cerco a través do voceiro de pesca do PP de que os recibirá o vicepresidente Alfonso Rueda ás 15:30 na Xunta. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A Garda Civil destina 14 axentes para peregrinar ao santuario da Virxe de Lourdes e págalles dietas, segundo informa El Diario
Vigo acolleu este martes unha homenaxe poético-musical a Xela Arias, organizada pola AELG, no décimo cabodano da súa morte.
Podemos realizará este xoves o seu primeiro acto público en Compostela. Será ás 19 horas na Facultade de Ciencias da Educación e contará coa presenza de Pablo Iglesias, Tania Amado e Víctor Casas.