Artur Mas garante que colocará as urnas para a consulta do vindeiro 9 de novembro. Valerase da nova lei de consultas catalá se o Estado non accede a transferirlle as competencias.
Fálase
Nós-UP descarta participar nas eleccións europeas ao "non ser posíbel articular a candidatura que Galiza precisa".
O alcalde de Muras, Issam Alnagm, reivindica en Lugo que o "verdadeiro PP é o de Fraga" e non o dos actuais dirixentes conservadores, aos que cualifica de "yeyés". Recólleo El Progreso.
O proceso de rexistro dos dominios .gal comezará "nuns días", segundo revelou Manuel González (presidente da Asociación Punto Gal) nas xornadas A mediación cultural en Internet, celebradas onte no Consello da Cultura Galega. O proceso de rexistro de dominios será gradual e por niveis até a fase final, que será o rexistro en aberto para calquera interesado en particular.
A actriz María Bouzas será o Premio Pedigree 2014 no Festival de Cans. Os Chimpíns de Prata, agora chamados Premio Pepe Puime (en homenaxe a un dos veciños máis implicados na organización do festival) serán para a veciña Divina Campos e o actor e guionista Juan Ibáñez “Trancas” de El Hormiguero.
GCiencia ofrece un retrato de Eduardo Chao, científico, xornalista, historiador e ministro de Fomento, e o primeiro que usou mapas de isóbaras, un dos primeiros meteorólogos. Contaba cn observatorio no alto da Casa do Concello de Vigo.
Un vídeo analiza a "desproporcionada actuación" da policía durante a manifestación dos mariñeiros do cerco. GzVídeos amosa imaxes e achega testemuños sobre as polémicas cargas dos antidisturbios en Compostela.
Galicia aumenta a capacidade de pesca da xarda pero o cerco insiste que non arranxa o problema se non se cambian os criterios de reparto de cota. O acordo do Goberno con Noruega e as Illas Feroe aumenta a capacidade de 1.450 toneladas a 3.400.
A liorta entre a banca e Damn polo convenio pon Pescanova ao borde da liquidación. Os bancos traballan na compra dos activos se entran en venda; queren recuperar 1.000 millóns de débeda, pero Carceller "só" ofrece 700.
O diñeiro que a sanidade pública paga á privada creceu un 52% en dez anos. A utilización de medios privados para as súas redes de saúde, que xa representa o 10% do gasto sanitario público español.