Baixa o paro en marzo. O desemprego descendeu en 4.979 persoas en toda España e deixa a cifra total en 5.035.243. A afiliación á Seguridade Social aumentou en 30 mil persoas, despois de sete meses de caídas. O descenso explícase en boa medida pola Semana Santa, que coincidiu integramente no mes de marzo
Fálase
Twitter abre unha filial en España. Constitúe a sociedade Twitter Spain SL, con domicilio social en Madrid
Besteiro comprométese a facer das primarias o ''proceso de selección normal'' se lidera o PSdeG
IU presentará unha querela por prevaricación contra tres xuices da Audiencia polo caso Bárcenas. Acúsaos de bloquear o interrogatorio de Luis Bárcenas, que tiña previsto Javier Gómez Bermúdez o pasado 22 de marzo. Os avogados de IU tamén van pedir a nulidade da decisión da Audiencia, que saltou as súas propias normas de reparto para que Ruz quedase co caso.
A irmá de Manuel Fraga ofrécese a "ler no Congreso os nomes dos bebés asasinados legalmente polo aborto". Faino nunha carta remitida ao diario ABC.
Os fillos de Díaz Pardo toman o control do grupo Sargadelos. Asinaron un acordo coa familia Vázquez, con outro 30% das accións, para lanzar o que denominan "a sexta etapa" do grupo.
Deste xeito presenta Chévere unha nova entrega das súas Ultranoites, que estrearán este venres en Teo.
Fernández Padín, narcotraficante arrepentido, cre "imposible" que Feijóo non coñecese os negocios ilícitos de Marcial Dorado. Asegúrao nunha entrevista na SER, na que fala da "connivencia" do PP con contrabandistas. Máis información, nuns minutos en Praza.
O xornal italiano Corriere della sera informa das fotografías de Alberto Núñez Feijóo co narco Marcial Dorado e considéraas un "escándalo".
Unha vila grega rexeita os alimentos ofrecidos pola ultradereita de Amencer Dourado. Os habitantes de Potamia impiden que os membros do partido neonazi descarguen os produtos na illa.