Os fillos de Díaz Pardo toman o control do grupo Sargadelos. Asinaron un acordo coa familia Vázquez, con outro 30% das accións, para lanzar o que denominan "a sexta etapa" do grupo.
Fálase
Deste xeito presenta Chévere unha nova entrega das súas Ultranoites, que estrearán este venres en Teo.
Fernández Padín, narcotraficante arrepentido, cre "imposible" que Feijóo non coñecese os negocios ilícitos de Marcial Dorado. Asegúrao nunha entrevista na SER, na que fala da "connivencia" do PP con contrabandistas. Máis información, nuns minutos en Praza.
O xornal italiano Corriere della sera informa das fotografías de Alberto Núñez Feijóo co narco Marcial Dorado e considéraas un "escándalo".
Unha vila grega rexeita os alimentos ofrecidos pola ultradereita de Amencer Dourado. Os habitantes de Potamia impiden que os membros do partido neonazi descarguen os produtos na illa.
Os conselleiros de Novagalicia Banco gañaron un millón de euros en 2012, un 5% máis que en 2011. Os membros de alta dirección ingresaron 2,1 millóns, un 25% máis.
Feijóo comenta sobre as supostas viaxes realizadas con Dorado que "creo que non fun a Andorra, non o sei. Eu lembro que había neve, parece ser que eran os Picos de Europa"
Feijóo revela que falou con Rajoy en canto soubo, "a través de Twitter", que ían saír as fotos en El País. Engade que o partido lle transmitiu "o seu apoio e que siga facendo a política que considero que debo de facer, gústelle a algúns ou os incomode"
"Nunca puxen en cuestión a honorabilidade do señor Quintana", di Feijóo, quen asegura ter unha relación "cordial" co ex vicepresidente. Pero reitera que o "empresario" co que viaxaba fora "adxudicatario" do plan eólico
Feijóo rexeita que asinase "ningún contrato" dende o Sergas con empresas relacionadas con Marcial Dorado. E engade "entre Dorado e mais eu non hai amizade estreita nin ancha" e asegura que "cando se publica que ten unha causa pendente, corto a relación"