Pedro Sánchez reta a Podemos a comezar o cambio "a vindeira semana" e insiste en que "non hai maioría suficiente para formar un goberno de esquerda".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56d5e2be2304c-pedro-sanchez-cs-apelando-izquierda_ediima20160229_0742_18.jpg)
Pedro Sánchez reta a Podemos a comezar o cambio "a vindeira semana" e insiste en que "non hai maioría suficiente para formar un goberno de esquerda".
A ONU cifra nunhas 30.000 as persoas atrapadas na fronteira entre Grecia e Macedonia. Nacións Unidas alerta de que a UE está preto de provocar unha crise humanitaria coas persoas refuxiadas. Recólleo Desalambre
Ás 16:30 comeza a sesión de investidura no Congreso. Podes seguir o discurso de Pedro Sánchez ao vivo nesta ligazón
Feijóo desdeña o debate de investidura ao manter que non é máis ca un "mitin televisado" con "máis audiencia" que se Pedro Sánchez "enchese o Bernabeu ou o Nou Camp". O desenvolvemento da formación do Goberno de España está a condicionar o calendario preelectoral do PP galego.
Padrón presenta o seu primeiro programa das Festas da Pascua sen touradas. Cúmprese así a moción aprobada o pasado setembro por iniciativa do BNG, que saíu adiante malia á oposición do PP, que goberna o Concello.
Arnaldo Otegi saíu xa do cárcere de Logroño no que levaba preso 6 anos. Nas súas primeiras declaracións subliñou que a expectación pola súa saída acredita que tivo a condición de "preso político". "Encarceráronnos por facer unha aposta pola paz", di. (Imaxe tirada da retransmisión de Naiz.eus).
Un rótulo no tren sinistrado en Angrois indica que o seu peso era maior ao certificado, como veñen denunciando as vítimas do accidente. Esta indicación contradí o indicado polos peritos da Xunta.
Pablo Iglesias repartirá o tempo de intervención na investidura proporcionalmente con En Marea e En Comú Podem. Cóntao eldiario.es
A Comisión Europea confirma que recorre a sentenza que o pasado decembro tombou o tax lease. O departamento de Competencia que antes dirixía Almunia (PSOE) agora está encabezado pola socio-liberal danesa Margrethe Vestager
O líder abertzale Arnaldo Otegi sae este martes de prisión tras 6 anos. A revista Luzes entrevistouno recentemente