A enquisa que este domingo publica La Voz de Galicia non prevé grandes cambios de cara ás eleccións municipais do vindeiro ano. Marea Atlántica e Compostela Aberta manterían o goberno da Coruña e Compostela, o PSdeG-PSOE faría o mesmo en Vigo e Lugo, o BNG repetiría en Pontevedra e o PP seguiría en Ourense. Tan só en Ferrol os populares poderían acadar a alcaldía polo ascenso de Ciudadanos e a caída do PSdeG. A sondaxe prevé lixeiras subas de Ciudadanos en todas as cidades.
