Iglesias e Montero anuncian unha consulta entre as persoas inscritas en Podemos sobre a súa continuidade como secretario xeral e voceira no Congreso ao fío da compra da súa casa.
Fálase
A xornada Mulleres e Música da Deputación da Coruña reclamou este sábado “lentes lilas” no mundo musical. O evento serviu para elaborar un documento con medidas para incentivar proxectos con política de igualdade establecida ou propostas para introducir cláusulas nas convocatorias públicas que tendan á eliminación de formacións que fomenten o sexismo na música.
Torra designa os encarcerados Turull e Rull consellers do seu novo Goberno. O Executivo de Rajoy advertiu o presidente da Generalitat de que actuaría se nomeaba algún cargo entre os deputados presos
Son xa 107 as persoas mortas no accidente dun avión que voaba dende La Habana a Holguín, en Cuba. O aparello, un Boeing 737-200 da compañía aérea mexicana Damojh, estaba arrendado por Cubana de Aviación.
Ana Blanco, presentadora do TD2, sumouse este venres pola noite á protesta do persoal contra o bloqueo á renovación de RTVE. A xornalista apareceu vestindo cores negras, o símbolo desta mobilización.
A oposición quere ver a Ana Pastor e Catalá na comisión de investigación do Alvia no Congreso. En Marea e Ciudadanos engaden tamén a Núñez Feijóo e a De la Serna, e o PSOE quere chamar o maquinista do tren sinistrado.
Os Resentidos ou Banda Xangai tocarán nas festas de San Xoán do vindeiro mes de xuño na Coruña. O Concello vén de anunciar a programación dos festexos.
Cristina Losada, candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta nas últimas autonómicas, reclama un "Día de toda la literatura que es obra de gallegos". A xornalista cre que "en cien páginas de Valle-Inclán, escritas en español, hay más de Galicia que en miles de páginas contemporáneas escritas en gallego".
Milleiros de persoas secundan arestora no centro de Santiago a manifestación de Queremos Galego. O máis destacado da mobilización, hoxe en Praza.gal.
Quim Torra convértese en novo presidente da Generalitat sen citar a Constitución e prometendo "fidelidade ao pobo de Catalunya representado no Parlament".