Rajoy confirma contactos coa mexicana Pemex para lograr encargos para asteleiros galegos. Nas reunións participou tamén o presidente da Xunta, Núñez Feijóo.
Fálase
#YPF O BNG defende na Eurocámara, a través da súa deputada Ana Miranda, "o dereito de Arxentina para decidir sobre os seus recursos enerxéticos en beneficio do interese público dos seus cidadáns".
Galicia perdeu 141.000 empregos desde o inicio da crise e a tendencia é continuar "perdendo" postos de traballo. "O futuro é moi negro", asegura un estudo presentado por CCOO-Galicia.
#YPF A Eurocámara pide estudar a suspensión de vantaxes arancelarias a Arxentina pola crise de YPF con España.
O presidente de Grifols, terceiro produtor mundial de hemoderivados, pediulle esta semana ao Goberno que permita o pago por doazóns de plasma sanguíneo; "Grifols podería pagar 60 ou 70 euros por semana", dixo, "que sumado ao paro, é unha forma de vivir". As filtracións de Wikileaks revelaron que a fábrica de Grifols en Barcelona é, para os Estados Unidos, un dos tres puntos estratéxicos no territorio español, e págalles de forma continuada a 150 mil norteamericanos polo seu sangue.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia abre o prazo para a recepción de orixinais no Premio Abrente para textos teatrais en lingua galega. O certame, cunha dotación de tres mil euros, recoñeceu en pasadas edicións os traballos de Roberto Salgueiro, Manuel Lourenzo ou Vanesa Sotelo.
CCOO e UGT adiantan as manifestacións do Primeiro de Maio ao domingo 29 de abril. As marchas convócanse tamén para protestar contra a reforma laboral e os continuos recortes do Goberno do PP.
O Ibex anótase a maior caída do ano (-3,99%) e atáscase en mínimos desde marzo de 2009, moi preto de perder a cota dos 7.000 puntos.
Daniel Candal inaugura a súa exposición Auschwitz-Birkenau. Una mirada al pasado. Na libraría Arenas da Coruña, a partir das oito da tarde.
Tres dos cinco concelleiros do BNG no Porriño, Raúl Francés, Francisco Paz Antón e Victoria Cardoso, piden a baixa na organización e renuncian ás súas actas.