A constitución de hipotecas en Galicia experimentou unha nova caída durante o ano 2011, segundo os datos difundidos polo INE. Rexistráronse un 32,6% menos de contratos hipotecarios, cun capital medio de 101.659 euros. No mes de decembro, e en comparación interanual, os datos foron aínda máis negativos. A caída foi de case o 45% e o capital medio prestado pola banca foi duns 85.000 euros, un valor que só foi inferior en Canarias e Ceuta.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f46012501cbc-hipotecas.jpg)