O Concello de San Sadurniño retiraralle mañá as honras municipais a Franco e ao falanxista José Antonio Girón. Está previsto que se aprobe no pleno municipal deste sábado.
Fálase
Todos os concellos da ría de Pontevedra agás Marín, gobernado polo PP, esíxenlle ao Goberno central que non decida sobre a permanencia de ENCE antes das eleccións xerais.
David Cameron, que promove un referendo sobre a permanencia do Reino Unido na UE, advirte a Mas de que unha Catalunya independente ficaría fóra da UE. El País recolle as verbas do primeiro ministro británico, que este venres se reúne con Rajoy en Madrid.
#CiudadesXBienComún Xulio Ferreiro e Martiño Noriega participan esta tarde no encontro 'Cidades polo ben común' organizado dende Barcelona en Comú. No acto participan tamén os alcaldes e alcaldesas de Barcelona, Badalona, Madrid, Cádiz, Iruña e Zaragoza.
A tractorada continúa en Lugo. Os gandeiros reclaman a presenza da conselleira de Medio Rural e convocan unha asemblea para as 4 e media da tarde (imaxe da revista AFRIGA)
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apela a "solucións coordinadas e de longo alcance" ante os ofrecementos de Administracións locais para acoller persoas refuxiadas.
A inacabada macrourbanización de Miño, un dos exemplos de Error de sistema, a reportaxe gráfica de eldiario.es sobre os restos da burbulla inmobiliaria en todo o Estado.
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Ribadeo diríxense ao Goberno central para ofreceren tamén instalacións de acollida a persoas refuxiadas. Na imaxe, a carta remitida polo goberno ribadense.
Lugo ofrécese tamén para acoller refuxiados sirios. O goberno local informa de que están "preparados os mecanismos e servizos sociais municipais para a axuda ás persoas que máis o necesitan". "O Concello de Lugo está aberto á acollida de refuxiados, a través dun plan coordinado coa Xunta de Galicia e as organizacións solidarias, e contando coa demostrada solidariedade dos lucenses", aclara o executivo.
Deputación e Universidade da Coruña anuncian a apertura da primeira residencia universitaria pública da UDC. Comezará con cen prazas no edificio Calvo Sotelo, que será remodelado pola institución provincial. Cóntao La Opinión