Deputación e Universidade da Coruña anuncian a apertura da primeira residencia universitaria pública da UDC. Comezará con cen prazas no edificio Calvo Sotelo, que será remodelado pola institución provincial. Cóntao La Opinión
Fálase
O PP revalidará a presidencia da FEGAMP se PSdeG e BNG non recuperan o goberno da Deputación de Lugo antes de finais de outubro. Cóntao La Voz
ACNUR e varias ONG instan o Goberno central a secundar os concellos e autonomías que ofrecen axuda na acollida de persoas refuxiadas. Cóntao eldiario.es
A dirección do Diario de Ferrol publica o xornal mentres o persoal secunda a folga. Cóntao Ferrol 360
- #Vigo A enorme manifestación percorre arestora o centro de Vigo na defensa da sanidade pública e contra a xestión no novo hospital. A marcha é xa unha das meirandes da historia da cidade.
Unha masiva e histórica manifestación percorre xa as rúas de Vigo en defensa dun hospital público e contra os recortes. Varios buses chegaron tamén desde toda a comarca nunha ateigada marcha. Fálase xa dunha das máis concorridas da historia da cidade. Foto: @galizanova
A Comisión Europea quere que os Estados acollan 120.000 refuxiados, o triplo da proposta rexeitada maioritariamente antes.
Galicia ábrese a acoller 300 refuxiados sirios. Vén de anuncialo Feijóo mentres varios concellos ofrécense tamén para formar parte da rede de cidades-refuxio.
Centos de tractores dispóñense a arrodear a Muralla de Lugo nunha nova mobilzación do sector lácteo. A información, hoxe en Praza.
Extinguido o incendio de Cualedro logo de queimar 3.180 hectáreas, segundo vén de confirmar a Xunta.