A Comisión Europea quere que os Estados acollan 120.000 refuxiados, o triplo da proposta rexeitada maioritariamente antes.
Fálase
Galicia ábrese a acoller 300 refuxiados sirios. Vén de anuncialo Feijóo mentres varios concellos ofrécense tamén para formar parte da rede de cidades-refuxio.
Centos de tractores dispóñense a arrodear a Muralla de Lugo nunha nova mobilzación do sector lácteo. A información, hoxe en Praza.
Extinguido o incendio de Cualedro logo de queimar 3.180 hectáreas, segundo vén de confirmar a Xunta.
A Coruña "traballa para unirse á rede de cidades-refuxio". Acábao de anunciar o alcalde Xulio Ferreiro. Lalín, Lugo ou Compostela son outras das localidades que poderían ofrecerse para acoller cidadáns sirios.
Rajoy sitúa o 20 de decembro como "a data máis probable" para as eleccións xerais, aínda que deixa aberta a porta a que os comicios se celebren noutro día do mesmo mes, unha vez aprobados os orzamentos xerais.
Un pensionista ofrece 5.000 euros a quen contrate o seu fillo en paro. O anuncio foi publicado en El Heraldo de Aragón e converteuse en símbolo das graves consecuencias da crise e da insuficiente recuperación.
A Cámara de Lisboa crea un fondo de 2 millóns de euros para apoiar refuxiados. Portugal recibirá 1.500 persoas de Siria nos vindeiros meses.
A policía frea unha liorta entre afeccionados do Celta e do Racing en Ferrol. Varios deles foron detidos e fontes policiais aseguran que portaban obxectos contundentes.
O xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial, afirma que a doente falecida na UCI do novo hospital que deu positivo por Aspergillus non se contaxiou no complexo. Asegurouno esta mañá nunha entrevista na Cadena SER.