Centos de tractores dispóñense a arrodear a Muralla de Lugo nunha nova mobilzación do sector lácteo. A información, hoxe en Praza.
Fálase
Extinguido o incendio de Cualedro logo de queimar 3.180 hectáreas, segundo vén de confirmar a Xunta.
A Coruña "traballa para unirse á rede de cidades-refuxio". Acábao de anunciar o alcalde Xulio Ferreiro. Lalín, Lugo ou Compostela son outras das localidades que poderían ofrecerse para acoller cidadáns sirios.
Rajoy sitúa o 20 de decembro como "a data máis probable" para as eleccións xerais, aínda que deixa aberta a porta a que os comicios se celebren noutro día do mesmo mes, unha vez aprobados os orzamentos xerais.
Un pensionista ofrece 5.000 euros a quen contrate o seu fillo en paro. O anuncio foi publicado en El Heraldo de Aragón e converteuse en símbolo das graves consecuencias da crise e da insuficiente recuperación.
A Cámara de Lisboa crea un fondo de 2 millóns de euros para apoiar refuxiados. Portugal recibirá 1.500 persoas de Siria nos vindeiros meses.
A policía frea unha liorta entre afeccionados do Celta e do Racing en Ferrol. Varios deles foron detidos e fontes policiais aseguran que portaban obxectos contundentes.
O xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial, afirma que a doente falecida na UCI do novo hospital que deu positivo por Aspergillus non se contaxiou no complexo. Asegurouno esta mañá nunha entrevista na Cadena SER.
Unha doente do novo hospital de Vigo deu positivo por Aspergillus, segundo conta Faro de Vigo. O Sergas garante que todas as áreas abertas do Álvaro Cunqueiro teñen controis ambientis correctos e o PSdeG pide a "evacuación inmediata" de todos os pacientes inmunodeprimidos.
Unha manifestación percorre Ferrol "contra o desmantelamento" do Diario de Ferrol e Editorial La Capital. Os traballadores de varios xornais de grupo están en folga polos despedimentos de compañeiros e o impago dos salarios. Foto de @diarioenfolga