Lugo ofrécese tamén para acoller refuxiados sirios. O goberno local informa de que están "preparados os mecanismos e servizos sociais municipais para a axuda ás persoas que máis o necesitan". "O Concello de Lugo está aberto á acollida de refuxiados, a través dun plan coordinado coa Xunta de Galicia e as organizacións solidarias, e contando coa demostrada solidariedade dos lucenses", aclara o executivo.
