Coca-Cola cede e renuncia aos despidos aínda que mantén o peche de fábricas. Cambia os despedimentos forzosos por baixas voluntarias con 45 días por ano traballado e tope de 42 mensualidades.
Fálase
As impulsoras da revista feminista Pikara estrean blog en El Diario
Enagás, a empresa que goza do monopolio do transporte do gas no Estado, incorpora ao seu consello cinco 'históricos' do PP. Cóntao El País
Grupos de mulleres rexistrarán hoxe os seus corpos nos Rexistros da Propiedade de Compostela e da Coruña para rexeitar a contrarreforma da lei do aborto
A Gürtel pagoulle un hotel de luxo a Arsenio Fernández de Mesa, segundo a Cadena SER
Profesionais do Hospital de Ourense 'plantan' a conselleira de Sanidade para protestar polos recortes. Cóntao La Región
A Garda Civil mobilizou unha patrulleira de 50 metros de eslora para trasladar a Fernández de Mesa a Ceuta en plena crise pola morte de 15 persoas na fronteira con Marrocos , segundo conta El Diario
A concelleira de Cultura da Coruña admite "mala praxe" do Concello na Pokémon pero desbota as dimisións. En Faro de Vigo.
A empresa Cespa emite un comunicado no que di poñerse "a disposición da investigación" da operación Patos e que apartará da compañía a calquera persoa que incumprira as súas normas internas.
Un dos proxectos de investigación que buscan financiamento a través da plataforma iLoveScience vén de conseguir os cartos necesarios para a súa realización. A investigación sobre o diagnóstico do alzheimer convértese no primeiro proxecto español impulsado de xeito exclusivo a partir das achegas dos internautas.