A empresa Cespa emite un comunicado no que di poñerse "a disposición da investigación" da operación Patos e que apartará da compañía a calquera persoa que incumprira as súas normas internas.
Fálase
Un dos proxectos de investigación que buscan financiamento a través da plataforma iLoveScience vén de conseguir os cartos necesarios para a súa realización. A investigación sobre o diagnóstico do alzheimer convértese no primeiro proxecto español impulsado de xeito exclusivo a partir das achegas dos internautas.
Eme2 e Pistacatro representan Galicia na Fetén de Xixón, a Feira Europea das Artes Escénicas para Nenos e Nenas
Hoxe, 18 de febreiro, celébrase o Día Internacional do Síndrome de Asperger, un dos transtornos relacionados co autismo
O PP volve vetar a investigación sobre Angrois que pedían AGE e BNG. Desta volta os conservadores nin sequera permiten que se debata en pleno a posibilidade de crear unha comisión sobre o accidente e teiman en que o Parlamento non ten competencias, contradicindo así o Regulamento da Cámara.
O Goberno quere cambiar a Lei de Estranxeiría para facer legais as expulsións inmediatas de inmigrantes, ou devolucións en quente. Até agora, a lei esixe emprestar asistencia xurídica, ofrecer un tradutor e permitir que pidan asilo político.
Detidas en Sochi, acusadas dun "roubo nun hotel", María Aliojina e Nadezhda Tolokónnikova, ex integrantes das Pussy Riots, que foran liberadas da cadea o pasado mes de decembro.
Prisa confirma o relevo na dirección de El País. Antonio Caño substituirá a Javier Moreno no mes de maio. En El Diario
#OperaciónPatos O edil de Obras de Nigrán, entre os detidos por presuntos delitos de prevaricación, suborno e tráfico de influencias. O TSXG confirma 17 rexistros en domicilios, en locais das empresas Cespa e Eiriña, na delegación da Xunta en Vigo, na Deputación de Pontevedra, nos concellos de Pontevedra, Vigo, Santiago, Ourense, Nigrán e Ponteareas, no Consorcio Casco Vello de Vigo e na Autoridade Portuaria viguesa.
A Policía Nacional leva contratos do Concello de Santiago coa empresa Cespa. A investigación instrúea un xulgado de Vigo e tamén afecta ao Concello de Ourense, ao de Ponteareas e á Deputación de Pontevedra. A operación sáldase xa con cinco persoas detidas, entre elas un concelleiro, segundo Europa Press.