Jorge Armesto asina en Diagonal unha crónica do mandato municipal compostelán. Os tres enterros do alcalde de Santiago

Jorge Armesto asina en Diagonal unha crónica do mandato municipal compostelán. Os tres enterros do alcalde de Santiago
Deteñen en Vitoria tres mozos condenados pola Audiencia Nacional acusados de militaren en Segi. Os prendementos producíronse tras unha dura carga policial da Ertzaintza contra os centos de persoas que permanecían concentradas dende a pasada fin de semana. Cóntao Naiz
A Marea Atlántica reparte un novo número d'O 15, o xornal co que xa explicou o seu programa hai un mes.
A enquisa semanal de Radio Coruña mantén a incertidume para a cidade. A esquerda sería agora maioritaria e podería formar goberno, mentres que o PP quedaría en 11 once concelleiros.
Aznar promoveu un código ético que aprobaba os sobresoldos no PP, que consideraba "xustos e éticos". Consideraba que recibir cartos extra "pode vir esixido pola xustiza".
Tan só o PP en Ferrol obtería a maioría absoluta nas cidades galegas segundo a enquisa diaria de La Voz. Compostela Aberta e Marea Atlántica manteñen opcións de liderar a alternativa e Rey Varela e Caballero están a un paso de gobernar sen necesidade de apoios.
O Dépor aférrase á Primeira tras gañarlle 2-0 ao Levante nun ateigado estadio de Riazor
O Breogán imponse por 76-86 ao Valladolid e xogará co COB Ourense a final galega polo ascenso á liga ACB de Baloncesto
O PSdeG de Noia esixe "explicacións urxentes polo caso das escandalosas dietas do candidato do PP en Noia e ex alcalde de Lousame", Santiago Freire, que lle cargou ao seu antigo Concello 4.000 euros en gastos tres anos despois de deixar a alcaldía
Os candidatos á alcaldía da Coruña debaten na SER sen Carlos Negreira, que enviou no seu lugar á número 13 da lista do PP, Luisa Cid. A edil alegou que o rexedor non acudira por estar "traballando pola cidade".