Mondoñedo acollerá os días 24, 25 e 26 de outubro o IX Foro por un Mundo Rural Vivo, organizado pola Plataforma Rural e o Sindicato Labrego baixo o lema “Bens comúns, loitas e resistencias para a defensa dos nosos territorios. Alicerzando a proposta labrega coa mocidade nas nosas agras”
Fálase
A RAG acepta como significado de "chío" a de "mensaxe que se publica na rede social Twitter"
Manuel Lago denuncia en "Anatomía de un escándalo financiero" que Endesa repartirá o 29 de outubro un dividendo de 14.605 millóns de euros entre os seus accionistas, "unha inaceptable e escandalosa operación de descapitalización" en favor da empresa italiana Enel.
Artur Mas asegura que haberá consulta o vindeiro 9 de novembro. "Haberá urnas, papeletas e locais abertos", asegura o presidente da Generalitat, que di que se "acollerá a marcos legais vixentes" para realizar un "proceso de participación cidadá", pero advirte que será "a consulta previa á consulta definitiva", que se realizará a través dunhas eleccións plebisicitarias.
Fomento confirma que en 2015 abrirá treitos do AVE a Galicia con vía única e non con vía dupla, como estaba previsto. Recólleo El País
Mas renuncia á consulta do 9-N e propón substituíla por un "proceso participativo" aínda sen concretar, sen renunciar tampouco á convocatoria dunhas eleccións plebiscitarias, segundo conta Vilaweb. ERC aposta por un proceso constituínte que inclúa eleccións e declaración unilateral de independencia para Catalunya, como recolle El Periódico.
O persoal sanitario do Hospital Meixoeiro de Vigo volveu concentarse este luns denunciando a xestión da crise do Ébola e en apoio da enfermeira Teresa Romero
A Casa-Museo de Rosalía de Castro acollerá o día 25 de outubro unha homenaxe bravú ao Pinto d’Herbón. Participarán, entre outros, Xurxo Souto, Manuel Rivas, Caruncho, Paola Beiro, Sofía Tarela ou Vituco Neira.
A Audiencia da Coruña redúcelle a condea a Conde Roa por fraude fiscal de 2 anos a 1 ano e 6 meses, polo que non entrará en prisión
Os pontevedreses SKIRL, gañadores da XVI edición do concurso de maquetas de CUAC FM. Impuxéronse na final, celebrada na Sala Mardi Gras da Coruña, aos barceloneses LE STOMP. Os sadenses THE TRUNKS, premio á mellor Banda Local