NCG Banco acadou un beneficio de 61 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano
Fálase
Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, participa na plataforma tecnolóxica europea de telecomunicacións que pilotará a transición cara aos futuros sistemas 5G, que complementarán e substituirán ás 4G, arestora en proceso de despregamento.
O boletín mensual de reflexión política Somos Ninguén comeza a súa actividade entrevistando a Joaquín Miras e Joan Tafalla, autores do libro La izquierda como problema. Destacan que "todos os procesos revolucionarios requiriron de longos traballos de carácter capilar, de longos procesos de experiencias colectivas”
Renato Epifânio escribe un artigo en Público, “A questão galega", no que critica que na II Conferência sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial, celebrada hai uns días, "alguns oradores defenderam que a língua galega era realmente uma língua independente da língua portuguesa”. E salienta que "a língua que se fala na Galiza será sempre uma variante singular da língua portuguesa", polo que pide o apoio das autoridades portuguesas para esa converxencia.
O temporal fai desaparecer a praia do Matadero na Coruña tras gastarse 8,5 millóns nos recheos dos areais da cidade. O vento e a chuvia só deixaron rochas onde o Ministerio de Medio Ambiente colocara area.
O PSdeG advirte do adiamento da xuntanza entre Besteiro e Beiras "por motivos familiares de gravidade".
Esta mañá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese co portavoz nacional de Anova e voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras.
A Xunta triplica as perdas polas súas participacións en empresas. Cóntao Faro de Vigo
Pablo Crespo asegura que el mesmo repartiu os sobresoldos no PP de Galicia e relaciona a Mariano Rajoy co suposto financiamento ilegal do partido en todo o Estado. O presunto número 2 da Gürtel e ex secretario de organización da formación en Galicia afirmouno nunha entrevista no programa Salvados, de laSexta.
Os equipos galegos da división de prata finalizan a xornada en postos de ascenso directo e playoff. O Dépor vén de derrotar o Real Madrid Castilla (2-0) con goles de Marchena e Luis Fernández e comparte a terceira posición. O Lugo segue segundo, despois de empatar onte ante o Mallorca (0-0). Na Segunda B, vitorias de Celta B ante o Caudal (4-2) e do Rácing de Ferrol ante o Compostela (2-1). O Ourense derrotou o Coruxo (3-1).