Pontevedra Viva leva á súa portada a situación dunha muller viguesa que vén de ser condenada a prisión por agredir hai dez anos o seu ex-mozo, condenado por violencia de xénero. Compañeiros de traballo, veciños e amigos reclámanlle ao Goberno que lle conceda un indulto.
