Montoro adianta que o déficit do Estado alcanzou o 0,83% do PIB no primeiro trimestre do ano, "en liña" co Orzamento de 2012. "A confianza gáñase con feitos", contestou o ministro de Facenda ao PSOE.
Fálase
A Fegamp informa de que os concellos galegos recoñecen 211,7 millóns de euros en facturas pendentes de pagamento aos seus provedores
El País prepara un ERE que afectará "un número moi importante de traballadores", segundo PRNoticias. O ERE xa foi denunciado polos sindicatos, que remitiron un comunicado á redacción
Feijoo desenténdese da investigación aberta pola UE na Deputación de Ourense por posible fraude no gasto de fondos europeos. O presidente da Xunta di que cando a investigación remate "cada un terá que asumir as responsabilidades que lle correspondan".
Xesús Veiga Buxán, novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Substitúe a Xosé Manuel Beiras.
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, acusa os xubilados galegos de consumir demasiados medicamentos. Nuns minutos, en Praza.
Deportes. Tomás de Dios, adestrador do Lobelle de fútbol sala, anuncia que non seguirá no club santiagués a vindeira tempada.
Medio cento de traballadores e sindicalistas do naval péchanse na sede da Xunta en Vigo para reclamar unha solución urxente ao 'tax lease', bloqueado en Bruxelas desde hai case un ano.
Continúa desenvolvéndose a obra de teatro 2.0 Amores Prohibidos, de Chévere. Onte á noite celebrouse a festa na que Romeo (Romero) e Xulieta (Xiana) teñen o seu primeiro encontro, a pesar das desavinzas entre galegofalantes e castelanfalantes.
El País analiza as consecuencias de negarlle a atención sanitaria ás persoas migrantes sen regularizar. Advirte que pode colapsar os servizos de urxencias ou representar problemas de saúde pública, co rebrote de enfermidades coma a tuberculose.