Consello da Xunta: As caldeiras dos hospitais de Ferrol, Lugo e Ourense funcionarán con biomasa. Asegura Feijóo que suporá un aforro de 3 millóns de euros.
Fálase
Consello da Xunta: O Goberno galego crea un "convenio marco" para que os concellos poidan prestar servizos conxuntos sen necesidade de crearen novos entes, como consorcios ou mancomunidades.
Consello da Xunta: Feijóo asegura que o Goberno galego xa ten catalogado un terzo do legado de Isaac Díaz Pardo
A esta hora debátese a moción de censura en Cee. Impúlsana PP e BNG contra o independente Ramón Vigo.
Os traballadores da Xunta trasladan as protestas contra a lei de recortes ao interior de San Caetano. Celébranse concentracións tamén noutras sedes da Xunta, tanto en Santiago como noutros puntos de Galicia.
O PPdeG tenta matizar, a través de Twitter e a preguntas dunha cidadá, a polémica creada pola súa deputada Ángeles Díaz, que alertou dunha suposta proliferación de "infeccións" polo uso do aborto e da pílula postcoital como "anticonceptivos" a causa do "desgoberno socialista". Así o contamos en Praza.
Esta mañá os sindicatos convocan novas concentracións de empregados públicos contra a lei de recortes aprobada pola Xunta. Comezan ás 11 en VIgo e ás 11:30 na Coruña e Santiago, nas dependencias oficiais da Xunta.
A Deputación de Ourense asegura que o "grupo industrial chinés Yingyou Lianyungang" ten interese "no proxecto de construción en Ourense dunha planta de fabricación de coches eléctricos da empresa Xero"
O Costa Allegra, cruceiro da mesma compañía que o malogrado Costa Concordia e que sufriu problemas técnicos a 200 millas das Seychelles, xa chegou a porto. O buque quedou sen enerxía e sen motores en plena travesía. Tivo que ser remolcado. Información da BBC
A Lei Sinde-Wert é desde este 1 de marzo unha realidade. A Comisión de Propiedade Intelectual pode comezar hoxe a pechar webs. En La Información.